12.12.07
da dor esquecida
Ás veces as dores deixan un rastro noxento que ata desaparecer co aire fai tanto mal coma a dor. Os peores males son autoinfrinxidos e parten da nosa conciencia, fannos febles, fannos menos pero acaban por pasar.
11.10.07
e por riba tiña os olliños azuis
A velliña lindando a súa casa mesmo parecía xoghar á marola.Tan só unha ollada ás súas costas tráeme a lembranza dos meus.
As donas daquel o seu tempo dobraban polo medio, quizaibes de tanto que tiñan que aguantar. E co pesar que cargaban miraban cara baixo e escrutaban as zocas que calzaban os pés.
A miña avoíña de manciñas tortas andaba dereita, cun pano na man, pra limpar o bico, pra secar os ollos, pra aghuantar as penas,
ai, silviña, ai!
9.10.07
a gulietta masina
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
