A velliña lindando a súa casa mesmo parecía xoghar á marola.Tan só unha ollada ás súas costas tráeme a lembranza dos meus.
As donas daquel o seu tempo dobraban polo medio, quizaibes de tanto que tiñan que aguantar. E co pesar que cargaban miraban cara baixo e escrutaban as zocas que calzaban os pés.
A miña avoíña de manciñas tortas andaba dereita, cun pano na man, pra limpar o bico, pra secar os ollos, pra aghuantar as penas,
ai, silviña, ai!
No hay comentarios:
Publicar un comentario