Pertencer á brigada deixoume sen folgos. Foi unha cuestión de sacrificio e disciplina. Un reto que chegou de súpeto e que me colleu polo medio. Parei, batín na terra e seguín adiante. Do aprendido varias cousas: que o traballo infunde respeto, e o respeto comeza por un. Que nunca o esforzo é esforzo de máis. E que ninguén acaba a loita sen feridas.
A miña particular derrota é non saír de todo victoriosa. Pero vencín, ao fin.
1 comentario:
Tamén aprendiches que de cando en vez hai que parar para coller folgos. Do que estou seguro é de que Líster foi un cúmulo de experiencias moi intensas, boas e non tan boas, pero que de seguro fixeron que a meniña que fala portugués medrara un pouquiño máis por dentro.
Queiras ou non agora sabes máis do que sabías, e iso é do que se trata. De seguir aprendendo.
É bonito ver como sempre queres máis. E pouco a pouco, sen que te des de conta, vas conseguindo vitorias.
A min, por exemplo, xa me gañaches...
Publicar un comentario